jueves, 20 de febrero de 2014

Temos un plan!

Ou mellor dito, 2...
Este curso iniciamos a nosa andaina nos Plans Proxecta, concretamente:
"Quérote +" - Modalidade 2 "Coñécendonos" en 3ºESO.

A nosa intención é reflexionar sobre o que significa ser persoa, home ou muller, o que nos fai diferentes  coa riqueza que elo conleva e tamén o que nos fai iguais, qué valores nos guían na nosa vida, etc.

Aínda que son 2 plans cada un coas súas particularidades, cremos que no fondo, están moi relacionados: trátase de ser mellores persoas, de coñecernos a nós mesmos, de medrar superando os prexuizos que as veces nos atenazan, os medos polos que rechazamos a outro ser humano que non é como nós ou menosprezamos a unha muller porque a sociedade nos fai crer en certos estereotipos, recoñecer qué se esconde detrás de comportamentos sexistas, clasistas ou racistas para non caer neles e contribuir a crear un mundo máis xusto e máis fermoso.

Nesta viaxe imos participar profesoras e profesores de distintas materias xunto con alumnas/os de 2 nivéis, aos que van destinados os plans pero gustaríanos contaxiar ao resto da comunidade educativa, xa que a educación en valores, que ao fin é o que nos motiva, é unha tarefa de tod@s e o noso labor diario vai máis alá da instrucción. Convivimos moitas horas ao día e as nosas actitudes, valores e forma de estar sen dúbida contribúen a marcar a personalidade dos adolescentes cos que temos a sorte de compartir o noso traballo. E as actividades que  desenvolveremos aínda que centradas nestes en 2º e 3º ESO, buscan a complicidade e a participación de tod@s os alumn@s do centro  independentemente do seu curso e as de toda a comunidade educativa.

Reflectiremos aiquí algunhas das tarefas nas que nos embarcamos no marco do Plan Proxecta.
Benvidos ao blogue de Educación en valores do IES Otero Pedrayo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario