sábado, 22 de febrero de 2014

"Entre Paradas"

Ao pouco de comezar iste curso a Concellería de Saúde e a Asociación para A Prevención de Accidentes de Tráfico (PAT) elexiron o noso centro para presentar o documental "Entre Paradas", proxecto de inclusión social rodado en Ourense co que buscan alertar sobre os riscos da exclusión social e animar ao uso do transporte colectivo e aproveitaron para charlar c@s nos@s alumn@s de 2º e 3ºESO:

Todas as fotos da charla:
- Web do instituto
Facebook do instituto
A visita ao instituto comentada na prensa

As rapazas e rapaces de 2º e 3º ESO asistiron a presentación do documental no auditorio municipal de Ourense o 11 de Febreiro e mesmo algúns deles están a traballalo nas clases cos seus titores e os materiais da Concellería:
Este proxecto ven de gañar o Premio á Mellor Película na VI Edición do "Festival Internacional de Cine sobre la Discapacidad" de Collado Villalba.

jueves, 20 de febrero de 2014

O fondo do noso blogue

Moitas grazas aos Artistas de 3º ESO B que nos cederon a imaxe que empregamos de fondo no blogue.

Temos un plan!

Ou mellor dito, 2...
Este curso iniciamos a nosa andaina nos Plans Proxecta, concretamente:
"Quérote +" - Modalidade 2 "Coñécendonos" en 3ºESO.

A nosa intención é reflexionar sobre o que significa ser persoa, home ou muller, o que nos fai diferentes  coa riqueza que elo conleva e tamén o que nos fai iguais, qué valores nos guían na nosa vida, etc.

Aínda que son 2 plans cada un coas súas particularidades, cremos que no fondo, están moi relacionados: trátase de ser mellores persoas, de coñecernos a nós mesmos, de medrar superando os prexuizos que as veces nos atenazan, os medos polos que rechazamos a outro ser humano que non é como nós ou menosprezamos a unha muller porque a sociedade nos fai crer en certos estereotipos, recoñecer qué se esconde detrás de comportamentos sexistas, clasistas ou racistas para non caer neles e contribuir a crear un mundo máis xusto e máis fermoso.

Nesta viaxe imos participar profesoras e profesores de distintas materias xunto con alumnas/os de 2 nivéis, aos que van destinados os plans pero gustaríanos contaxiar ao resto da comunidade educativa, xa que a educación en valores, que ao fin é o que nos motiva, é unha tarefa de tod@s e o noso labor diario vai máis alá da instrucción. Convivimos moitas horas ao día e as nosas actitudes, valores e forma de estar sen dúbida contribúen a marcar a personalidade dos adolescentes cos que temos a sorte de compartir o noso traballo. E as actividades que  desenvolveremos aínda que centradas nestes en 2º e 3º ESO, buscan a complicidade e a participación de tod@s os alumn@s do centro  independentemente do seu curso e as de toda a comunidade educativa.

Reflectiremos aiquí algunhas das tarefas nas que nos embarcamos no marco do Plan Proxecta.
Benvidos ao blogue de Educación en valores do IES Otero Pedrayo!