domingo, 22 de junio de 2014

"I'll be watching you"


O 6 de maio asistíamos co alumnado de 2º ESO ao Espectáculo lúdico-musical "I'll be watching you"que analizou os roles de xénero que transmiten as cancións de temática amorosas no marco do Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade".
Fotos na web e no Facebook

martes, 10 de junio de 2014

Charla sobre a violencia de xénero

O 24 de abril, e dentro do Plan "Por 365 días de respecto e igualdade", recibimos a visita da policía autonómica: viñéronnos contar nunha charla-coloquio a súa perspectiva sobre a violencia de xénero, especialmente cómo detectar "os primeiros síntomas", qué facer ante ela e medidas de prevención.
O tema dos "celos" despertou certo debate entre os asistentes, os tres grupos de 2º ESO.

sábado, 7 de junio de 2014

8 Marzo - Día da muller


O 7 marzo, venres, celebrábamos outra data moi relevante para nós:


  
o 8 de marzo, Día da Muller 


Para elo fixemos  varias actividades en distintas materias e cursos: 

Exposición "Cartas de amor", parte do Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade":





Obradoiro "Cartas de amor" nos tres grupos de 2º ESO, recordatorios do día en outras materiaselaboración de posters por parte de distintos cursos, exposicións destes  e outros materiais, como as imaxes de Mulleres científicas, polos distintos espazos do instituto - co que tamén quixemos facer extensiva a todo o instituto a conmemoración (Fotos). 


miércoles, 4 de junio de 2014

"Pagafantas"


Complementando as actividades do Plan Quérote +, as titoras e o titor de 3º ESO proxectaron no 2º trimestre a película "Pagafantas" e traballaron os materiais da Concellería de Saúde de Ourense. 
A temática da película xira, ao igual que o Obradoiro previsto para o 2º trimestre en torno a imaxe corporal, a autoestima, etc. 


miércoles, 28 de mayo de 2014

O Día da Paz

O 30 de xaneiro celebrábamos outra data sinaladísima no noso calendario, o
Día da Paz e a non violencia
As tarefas empezaran días antes, especialmente nas clases de Plástica, Debuxo e Linguas: 
os rapaces encheron os espazos do centro de debuxos pola Paz.

Imaxes: Facebook, web
Elaboraron un manifesto:

E, o propio día 30, os alumnos/as de 2º e 3º ESO viñeron vestidos de negro para enviar a nosa mensaxe de Igualdade: entre homes e mulleres, entre etnias, entre clases sociais… 
A cor negra as roupas sen etiquetas, simbolizaban esta igualdade.

Ase mesmo, quixemos facer partícipe a todo o instituto do día no que nos atopábamos e darlle un carácter festivo, contaxiar a todo o centro dos nosos desexos de paz e fraternidade. Para elo ocurríusenos que unha boa forma de expresalo sería con sorrisos, bicos e apertas. E armados de cartéis explicativos, algúns profesoras/es e alumnas/os dedicámonos a compartir con todo o instituto a nosa mensaxe de paz e amor,... con moito éxito, todo hai que decilo! Houbo moitos sorrisos e bo humor ese día e cremos que moita da nosa comunidade educativa participou da xornada. 

E o día tamén tivo a súa parte máis académica: 
Xunto co alumnado de 3ºESO, escoitamos cancións pacifistas, repasamos algúns dos conflictos actuáis, e debatimos trala proxección da curta "Tanza" de Mehdi Chafer, na película “All the invisible children” ("Todos os nenos invisibles") que conta a historia dun neno da guerra nun país sen especificar de África.
Finalmente, limos o seu manifesto en prol dun mundo en paz.

domingo, 11 de mayo de 2014

Traballando o "Quérote +"

Alá por novembro,  os 4 grupos de 3º ESO recibiron a visita dos técnicos do Quérote + para o 1ª obradoiro do Plan: A sesión de "Convivencia, valor da diversidade".
Ademaís, nas clases de Titoría o alumnado viu a película "Mi gran boda grega" e traballou cos materiais da facilitados pola Concellería de Saúde do Concello de Ourense, que tamén xiraban en torno a temática do valor da diversidade e a tolerancia e o respecto na convivencia entre as distintas culturas.

domingo, 27 de abril de 2014

25 Novembro


Aínda que o noso traballo e obxectivos baséanse máis ben no día a día e nas tarefas continuadas no tempo e a interdiciplinariedade, hai datas sinaladas que non podemos deixar pasar e que nos serven para darlle visibilidade ante o resto do centro ás temáticas que estamos a desenvolver e a implicar a toda a comunidade educativa do instituto nas nosas inquedanzas.
A primeira de estas datas foi o 25N, Día da eliminación da violencia contra as mulleres
Tras barallar outras opcións, finalmente optamos polo "visual", contando coa inestimable colaboración do Departamento de Debuxo, que, aínda que non formalmente participando nos plans, está a traballar con nós nestas datas sinaladas.
Tras falar cos rapaces e rapazas nas aulas dé todo o que significa o día 25, estas foron as accións que levamos a cabo:
Propuxemos a todo o 1º Ciclo (1º e 2ºESO) a elaboración de marcapáxinas alusivos ao Día 25N con distintos eslogans. A verdade é que os rapaces deron renda solta a súa creatividade e idearon algúns moi fermosos. Unha vez feitos un bo número deles, o propio día 25, procederon a repartilos: nos recreos ían cos profes/as participantes polos corredores agasallando a profesores/as, persoal, alumnos/as maiores, etc. e durante as clases, unha pequena representación de cada grupo acudíu a un par de grupos de Bacharelato, onde lles contaban o por qué da súa visita, o día que se conmemoraba e repartían os seus marcapáxinas entre o alumnado maior do centro, de xeito que a actividade convertiuse en "interxeracional" e non quedou ninguén sin enterarse do día no que nos atopábamos.
Mentras tanto, o alumnado de 3º e 4ºESO (e algúns de 2ºESO tamén) elaboraron pósters con mensaxes e reflexións feitas en clases previas e siluetas de homes e mulleres nas que colocaron istes pósters, algúns marcapáxinas, etc. Presidindo toda esta exposición, que tivemos toda a semana nos corredores do centro e a entrada do instituto, tíñamos a fermosa figura da foto superior,chea de simbolismo, feita por unha das nosas grandes artistas, Esperanza de 3º ESO B.
Aiquí vos deixamos os enlaces con algunhas fotos do día:
Web do instituto
Facebook do instituto